Hoxe domingo ímos ao Curro do Galiñeiro.
Nunha das paraxes máis espectaculares do Val Miñor, entre os lindes dos concellos de Vigo e Gondomar, perto do cume do Galiñeiro, hoxe celébrase o curro que leva o nome do monte onde pastan ceibos os cabalos.
Iste curro é dos máis pequenos que se celebran no Val Miñor e Oia. Non ten siquera un recinto de vello en pedra. O curro é de madeira, como antigamente poideran ser. Os cabalos que viven ceibos por estas terras son xotados ata o curro por unhas ladeiras encostadas, dende as que as vistas sobre a ría de Vigo e o Val Miñor son espectaculares.
O tempo acompaña e paga a pena achegarse ata o Galiñeiro.
Para os que non coñezan o terreo, unhas indicacións para chegar.
Si se ven por a autoestrada do Val Miñor, hai que saír na saída de Vincios. Pasada a gasolineira baixando para Vincios, hai unha ponte que pasa por riba da autoestrada e nesa mesmam curva, unha pista que sobe a esquerda. Hai que subir por aí para, a uns 200 m. seguir subindo a esquerda e non deixar a estrada ata chegar a zona de lecer da comunidade de montes de Vincios. Aí, uns metros máis arriba hai unha pista a esquerda que nos leva ao curro.
Non ten perda. Os que veñan dende Gondomar, igual. Coller a estrada que leva a Vincios e, pasado o pobo, ao chegar a ponte que pasa por riba da autoestrada, seguir o camiño que indicamos antes.
Aproveitade tamén para visitar os petroglifos de Auga da Laxe. Alí ao lado. A Pedra das Procesións é un magnifico panel vertical con gravados de armas . Paga a pena.
Bo día e bo curro do Galiñeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario