mércores, 27 de agosto de 2008

A AVARICIA ROMPE O SACO

Xa o dicía o meu avó. Ás veces rímonos dos refrans dos vellos e das sempre repetidas frases dos maiores, que saben máis por vellos e por experiencia acumulada que por ir a universidade ou á escola. Istes días falabamos con Camilo, o presidente da Comunidade de Montes de Burgueira para que nos dira a súa opinión sobre o futuro da Serra da Groba e o parque eólico que queren poñer, o Albariño I. Dicíanos que os comuneiros necesitan o diñeiro, despois dos incendios máis aínda que antes. Laiábase dos estragos que a empresa que está a montar a minicentral no río Tamuxe, producía e o pouco caso que facía do contrato que tiñan.
Ao remate o principal era o diñeiro que ían a pagar, pechando os ollos a todo o que podía vir detrás.
Agora, podemos ver na prensa como as empresas abusan e non cumpren. Como o papel escrito no vale para nada e os estragos, segundo as súas propias palabras, son maiores que os teoricamente previstos. E, dicímos nós, irreparables.
Que vos imaxinades que vai pasar cando empecen a facer pistas no monte para chegar aos cumes cos muíños e toda a súa infraestructura?
Que vai a pasar cando os intereses da empresa vaian por un lado e os dos comuneiros e dos viciños por outro?
A avaricia rompe o saco. Os cartos non poden pagar aquelo que temos aí, e que nos ven dado dende milleiros de anos.
O que non quere entender é porque non quere. E o que avisa non é traidor.
OUTRA NOVA

Ningún comentario:

Publicar un comentario