xoves, 28 de agosto de 2008

MÁIS DO MESMO

A BORDO DO NAUJA
E GOLFIÑOS
Na prensa de hoxe, máis do mesmo.
En Burgueira seguen a queixarse ( con razón) aínda que, repetimos, moita da culpa téñena eles mesmos por egoistas e incautos. Non ímos falar máis do que pensamos sobre as empresas que explotan os nosos recursos naturais a cambio dunhas migallas.
Por outra banda, o señor conselleiro de Industria - a partires de hoxe ás 12 do medio día xa saberemos algo máis- síntese capaz de sacar o Concurso Éolico antes de que finalice a lexislatura.
Xa veremos como remata todo isto. Polo de agora para a cidadanía, en xeral, mal, mui mal.
NOVAS NA PRENSA RELACIONADAS
ONTE, EXCURSIÓN POLA NOSA COSTA
Onte tivemos a oportunidade de facer unha visita guiada a bordo do veleiro Nauja da CEMMA, pola nosa costa, para ver o perfil do Val Miñor dende o mar e os nomes das pedras, os cons e de toda a orografía costeira. O noso compañeiro Xosé Lois Vilar explicóunos como os vellos mariñeiros se guiaban nas súas xornadas de pesca, polas marcas de terra que ían bautizando con nomes alusivos a acontecementos históricos ou tradicións, accidentes xeográficos, afundimentos e á propia natureza .
Alfredo, presidente de CEMMA, explicounos como traballan co Nauja polas nosas costas, estudando os mamíferos mariños que nos acompañan todo o ano e os que pasan por diante das nosas costas nas súas viaxes estacionais.
Tivemos a sorte de ver un grupo de Golfiños que nos acompañaron uns cinco minutos pegados ao casco do Nauja, permitíndonos facerlles fotos e velos con claridade.
Unha maginifca experiencia da que gozamos nenos e maiores e que agardamos poder repetir no futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario