sábado, 2 de agosto de 2008
FACER AS COUSAS BEN
NOVA NA PRENSA VALENCIANA
http://www.accioecologista-agro.org/spip.php?article647
Segundo se pode comprobar pola nova que nos envian os amigos de Salvemos Monteferro, as cousas fánse a presa e para saír do paso, sen facerlle caso aos grupos e as xentes que verdadeiramente se preocupan pola natureza e o interese xeral.
Na nosa Serra da Groba temos un exemplo claro de que hai moito interese en levar adiante un proxecto que vai traer moitos e parecidos problemas aos que acontecen no Arriello. O impacto sobre a paisaxe e sobre o patrimonio etnográfico e arqueolóxico vai a ser irreversible si se leva a cabo o proxecto do parque eólico Albariño I.
No tocante a infuencia sobre a vida animal, a fauna, sería irrecuperable unha vez feito o estrago. Tódalas medidas que se poidan tomar, non van impedir os males que temos denunciados en innumerables ocasións.
Por iso, hoxe aproveitamos esta noticia para insistir na nosa negativa a implantación do parque eólico e a ir avisando aos nosos lectores da próxima celebración da 2ª xeira pola Serra da Groba en defensa dun espazo natural e cultural, para o día 14 de agosto.
Iremos apuntando datos nos próximos días.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario