O Consello da Xunta de Galicia aprobou onte o Plan Acuícola.
Xa se pode desfacer unha parte importante da nosa costa para que unhas cantas empresas gañen moito diñeiro. A xustificación que da o presidente Touriño é :" é bo para Galicia".
Se alguén ten dúbidas de por que o noso país está a ser un dos máis estragados da península, xa o sabe. Non contan para nada os informes dos científicos, dos ecoloxístas nin dos propios veciños. O que conta é o interese "xeral" (enténdase o de unhas cantas empresas que van a ganar moitos cartos, establecendo as súas empresas alí onde ninguén pode pór nada - nin debe- eles sí). Cando botamola vista atrás e nos laiámos das desfeitas cometidas no litoral, nos nosos pobos, nos montes, e escoitamos aos políticos botarlle sempre a culpa ao outro, dámonos conta de que toda a arañeira de decretos e leis non sirven para nada. A desfeita está aí, e as leis existían, e organísmos para facela cumprir tamén.
Un pobo non pode permitir que lle rouben e estraguen os seus sinais básicos de identidade para facer con iles negocio.
Non se pode tolerar que nos rouben aquelo que nos da o ar que respiramos, baixo nengún pretexto.
O mar, os montes e as serras, os pobos, os ríos....
Que vai quedar, cando pasen uns poucos anos, dunha terra verde e azul?
Que vai ser de nós que nos venden por un puñado de euros?
Hai que aledarse, segundo os nosos mandamáis, dentro duns anos non haberá peixe no mar que pescar pero... tranquilos, os galegos teremos peixe de piscifactoría.! De piscifactoría¡
Para criar eses peixes temos que estragar primeiro a vida do mar- os alimentos fánse con fariña de peixe- e as costas, onde se urbanizan os cantís e se verten augas suxas e cheas de medicamentos que se lles botan para que non morran nas pías artificiais.
¡Que adianto! Matar o mar para comer peixe criado na terra.
Pobre de nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario