mércores, 6 de agosto de 2008

OS TESOUROS DA GROBA

O próximo día 14 de agosto faremos a
2ª XEIRA NOCTURNA POLA SERRA DA GROBA. Neste ano ímoslle a chamar OS TESOUROS DA GROBA.
Saíremos ás 20,30 h. da entrada do Parador de Baiona, e poremos un autobús para os que non queiran levar o seu coche ata a Cruz de Pau, que será o ponto de partida da xeira, como o ano pasado. As prazas son limitadas, por iso se repartiran boletos por orde de chegada ate rematar as dispoñibles.
Regresaremos ao remate da Xeira/Festa alá pola 1 da madrugada.
Visitaremos antes do solpor as mámoas que hai de camiño ao Foxo Pedriño, o foxo do lobo máis grande da Serra da Groba, e cando xa escureza achegaremonos a laxe Cruzada ,ou tamén chamada Pedra Escrita para ver o máis grande laberinto gravado da península iberica.Por certo, iste ano na propaganda institucional do Día Nacional de Galicia,o 25 de xullo, apareceu ,tanto en prensa como no anuncio dos medios televisivos , o laberinto da Laxe Cruzada.
De volta achegarémonos ao Castelo de Dona Urraca para rematar na campa da Cruz de Pau cunha festa e uns petiscos .
Habera música do país e ambente festeiro para reivindicar a protección da nosa Serra da Groba como un espazo natural e cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario