martes, 12 de agosto de 2008
XA O DICIAMOS NÓS
Dende ADEGA denuncian a sospeitosa coincidencia da ampliación da Rede Natura con uns espazos libres, sen ampliación da Rede na que van o Plano Acuicola e as Eólicas como a que nos toca a nós, o Albariño I da Serra da Groba.
Esa pretendida ampliación deixa libres os espazos nos que se tenta pór as novas piscifactorías e o Parque Eólico Albariño da Serra da Groba, facendo para iso, unhas inxustificables rebiravoltas que, os que coñecemos o terreo e o que nel hai, non entendemos nin lle vemos xustificación.
Pódese ver nos planos que acompañan a noticia, como nengún dos aeroxeradores cae dentro da nova ampliación da Rede Natura. ¡Que casualidade! Iso mesmo lle dixemos persoalmente ao director Xeral de Medio Ambiente, e aínda estamos a esperar unha contestaccción racional e crible.
A política vai por unha banda e cidadanía parece ser que ímos por outra.
O señor conselleiro non ten credibilidade ningunha, e o único que fai é interpretar un papel como se fose un mal actor nun drama do teatro clásico, no que os papeis están moi ben definidos e a trama intuese dende o principio.
¡Basta xa de mentiras e de tomaduras de pelo! Un político que tente servir de verdade a este país , ten que ser valente e sinceiro, e si non o é, ten que irse para a casa. Iste pobo non pode, no século XXI e despois de todo o vivído, seguir a sufrir a clase política que temos e que está a traizoar tódalas esperanzas que nos quedaban.
Polo dito, non nos queda máis que seguir denunciando, e loitando, contra a mentira e a desfeita organizada que nos queren botar enriba.
¡GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!.
¡Que lle quede claro, señores conselleiros!.
NOTICIA DE ADEGA
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=1044&Itemid=2
Lembrade:
OS TESOUROS DA GROBA. O xoves ás 20,30 h na entrada do parador saíra a visita guiada a Serra da Groba. Non faltedes. Hai que ver o que temos e espallalo a todo o mundo, para defendelo e non deixar que o destruian.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario