Os nosos políticos dín que non minten. Ás veces iso é asi. Non minten, só dicen medias verdades ou non dín a verdade toda.
Cal é a diferencia? A diferencia está en que actuacións vergoñentas e ofensivas para intelixencia de calquera ciudadán, son disimuladas e ocultadas detrás dunha chea de fume e nubeiros que só deixan ver o que convén.
No caso do señor conselleiro de Medio Ambiente e a ampliación da Rede Natura na Serra da Groba, hai que dicir que, efectivamente, non vai nengún muíño na ampliación da Rede Natura. Só iso nos faltaría. Non minte o conselleiro. Agora, para que é e foi feita e se amplía a R.N?. Amplíase para protexer as zonas máis valiosas e que corren máis perigo de desaparecer e que teñen valores naturais máis salientables. Na Serra da Groba as mellores zonas quedan sen protección e impúdicamente fánse reviravoltas na raia divisoria para que os muíños queden fóra. Os humedais e turbeiras, os cumes nos que habitan os Cabalos Ceibes da Groba non son protexidos, nen o seu ecosistema vital. Pola contra, os eucaliptais que baixan cara ao mar si son protexidos.
Nón é protexido o río da Groba e as Fragas de Oliveira e de toda a súa ribeira. Non é protexida A Chan do Cereixo e os humedais da Portavedra, onde hai especies animais e vexetais en perigo de extinción pola presión antrópica e de cambios de uso dos solos.
En fin. Señor conselleiro: é vostede un maleducado e un mentiroso, cando ofende e dí que os que defendemos á terra, á vida e a natureza, sen cobrar un soldo ou salario por elo, mentímos. Vostede cobra, é o seu traballo defender o que nós defendemos, e escoitar ás xentes que dan o mellor das súas vidas en tentar deixar un mundo mellor aos que veñan detrás, non insultalas e tentar descalificalas por que pensan distinto a como vostede pensa.
O tempo pon a cada un no seu sitio, e vostede señor conselleiro de Medio Ambiente, creo que se está gañando a pulso o seu entre os depredadores históricos do noso país. Tempo ao tempo. As palabras só son palabras. O que conta son os feitos. Ises non enganan a ninguén.
NON ESQUEZADES: MAÑÁN
XOVES 14 DE AGOSTO
2ª XEIRA NOCTURNA POLA SERRA DA GROBA
. VISITA GUIADA POLAS MÁMOAS, FOXOS DE LOBO, PETROGLIFOS, CABALOS SALVAXES, CURROS, SENDEIROS .
. PROXECCIÓN DUNHA PELÍCULA E IMAXES DO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL
.VISTAS ESPECTACULARES DA SERRA DA GROBA.
. HABERA UNS PETISCOS E FESTA AO REMATAR A XEIRA
SAÍDA: ÁS 20,30 h. dende a Entrada do Parador de Baiona
Autobus ata completar aforo por orde de chegada. Os que queiran ir no seu coche: punto de encontro A Virxe da Roca ás 20,35 h.
REGRESO: Ao rematar a xeira/festa ( +_ 1 da noite)
TOTALMENTE GRATIS
S.O.S A SERRA DA GROBA
A GROBA PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL
NON AO PARQUE EÓLICO NA SERRA DA GROBA
Ningún comentario:
Publicar un comentario