venres, 26 de setembro de 2008
ALTERNATIVAS ENERXÉTICAS E A RAZÓN DO SEÑOR HAWKING
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/09/26/0003_7171620.htm
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/09/26/0003_7171621.htm
Hai moitas posibilidades por explorar e, tamén, por explotar que non son debidamente utilizadas.
Xa temos dito que aquel gran programa de desenrolo da enerxia solar fotovoltaica, ficou en nada. Só, de cando en vez, aparecen xestos como o que podemos ver no artigo da prensa hoxe.
Agora ben, a maxificación de paneis nos tellados novos e vellos, non se ve por ningures. As axudas xa non existen e só se dan a proxectos de empresas, non a particulares, co cal os monopolios e a explotación irracional e expeculativa dos recursos segue a darse, incluso cando falamos das chamadas Enerxías Alternativas, como é o caso da Solar.
Claro. Un país no que as comunidades de veciños e os propietarios de vivendas sexan autosufientes en canto ao consumo e producción de enerxía, non interesa. O negocio remataría e o medio ambiente e o planeta importan ben pouco aos expeculadores e grandes capitales, que o unico que queren é seguir ganando cartos, sexa como sexa. Da igual que o ciclo económico sexa alcista ou que esté a baixa, como é o caso agora mesmo.
Nos xornais de onte, podíamos ver nos titulares algunhas das frases que ao parecer saíron da mente dun dos científicos máis importantes do noso tempo, Stephen Hawking. Ven dicindo que non temos remedio e que neste século acabaremos co planeta e que o futuro estará no exterior.
Visto e oubido o que antecede e o que pasa no noso redor, ¡Que razón ten, señor Hawking!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario