mércores, 1 de outubro de 2008
!QUEN DA MÁIS¡
NOVA NO XORNAL
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/10/01/0003_7185671.htm
Xa falta menos para saber quenes son os afortunados/as. Nuns poucos días saberase o resultado do concurso eólico, e parece que as compañías están interesadas en facer ver publicamente que as súas ofertas son as mellores, para que dalgún xeito, esta publicidade repercuta na vontade dos que teñen a tixola polo mango.
Hoxe é a empresa lusa EDP a que nos dí por medio da nova que aparece no xornal La voz de Galicia, que está disposta a facernos a todos ricos, propietarios dos montes, administración galega e veciños que van atopar traballo. Claro, eso si, sempre que a potencia que lle concedan sexa a que pide.
Atentos. Mañán ou pasado será outra empresa a que directa ou indirectamente nos envie algunha mensaxe sobre o boas que son as súas ofertas.
Mentres, a Serra da Groba está fermosa e mudando a pel do verán pola do outono. Bo tempo para pasear e ollar como os tollemerendas e os cogumelos acariñan os belfos dos nosos cabalos e vacas que aproveitan o pasto outonizo niste verán de San Miguel.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario