
Estes últimos días descubríronse na Groba algunha peza máis para sumar ao total dos Tesouros da Groba.
Por unha banda, apareceron máis petróglifos reticulados, o que fai que sexa a Serra da Groba o lugar onde máis petróglifos de este tipo hai. Agora son os expertos os que teñen que estudar e valorar por que na nos serra se atopan en tanta cantidade e calidade estes enigmáticos petróglifos, moitas das veces á carón de muíños naviculares, que por outra parte, tamén son moi abondosos e singulares nesta parte da nosa terra.
Asemade, esta semana apareceron algún outro petróglifo de coviñas e círculos e, unha vez máis, álí onde non debía estar, un anaco dunha extraordinaria peza de pedra tallada que seguramente formaba parte do dintel dunha porta. Case con toda seguridade a orixe desta peza e a parroquia de Panxón. O lugar onde a atopamos é nunha pista da comunidade de montes de Baíña, que se ten caracterizado por encher de lixo e entullo os montes e pistas. Unha veces máis a vista e outras menos, pero sempre facendo o mesmo dano a unha zona de cautela arqueolóxica que debería ter máis protección e coidado por parte de todos.
Agardamos que as autoridades tomen boa nota e, dunha vez por todas, se poñan as pilas no que atinxe a protección do noso patrimonio, que é un dos grandes valores que temos e non coidamos o suficiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario