mércores, 10 de setembro de 2008
SEN REMEDIO
NOVA MOI INTERESANTE NO FARO DE VIGO
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008091000_26_257198__CienciayTecnologia-urogallo-europeo-peligro
Cando vemos na prensa novas coma a de hoxe entranos un profundo desacougo.
Xa son moitas as novas que veñen confirmando as afirmacións que os distintos grupos ecoloxístas teñen feito ao longo deste últimos tempos. Os intereses ecónomicos non se paran -nin lles interesa -a valorar as afeccións menos visibles a curto prazo: as ecolóxicas.
Cando unha especie desaparece por que se modifica o seu habitat, temos que pensar que ise é un mal que non ten remedio, e que non se pode tentar solucionar póndo máis ou menos millóns enriba dunha mesa ou creando programas de rehabilitación e de mellora de impacto ambiental.
¡Que falsas son ás veces as palabras e que fácil é manipular a linguaxe para facer todo o contrario do que se dí!.
Como temos apuntado repetidamente, non é por falla de lexislación nin por "incumprir a lei". Na maioría dos casos -non en todos, como estamos vendo a cotío- son precisamente as leis as que permiten que se estrague o patrimonio natural, polo que logo botamos teóricas e sentidas bágoas. Fánse orzamentos para salvar o Lince Iberico, o Oso Cantábrico, a Pita do Monte, o Lobo Galego, o Cabalo de Pura Raza Galega, a Rá Arborea, o Teixo, as Aciñeiras, e milleiros máis de especies que estamos destruindo día a día. Mais, polo que estamos a comprobar, iso só é como unha esmola que paga o penitente polos pecados cometidos para atopar a absolución. Moral cristiá para solucionar os problemas na outra vida, despois da morte.
Hoxe na Galiza, na Serra da Groba, o que fai falla é sentidiño e firmeza na defensa do patrimonio natural que temos, que nos veu dado, e que temos que preservar e mellorar, deixándonos de egoísmos persoais e de vaidades que o único que fan e empeorar a nosa situación actual e estragar o futuro das vindeiras xeracións.
Está demostrado que o dito de que as enerxías renovables non contaminan e son inócuas é mentira. Como dicia o cantante: depende todo depende, de que depende. Asegún cono se mire, todo depende...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario