luns, 27 de outubro de 2008
20016
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008102700_4_269013__Galicia-Electrica-preve-nuevos-parques-eolicos-Galicia-funcionen-hasta-2016
DECLARACIÓNS DO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBENTE EN GALICIA HOXE
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=357776
Dúas novas na prensa de hoxe. Unha para certificar o problema do que temos falado abondo, a falla das chamadas "Autopistas enerxéticas" para evacuar a enerxía producida polos aeroxeradores.
A outra, o señor Manuel Vazquez, conselleiro de medio ambente, que segue a dicirnos o bo e eficiente que é. Claro, os ecoloxístas uns son bos e outros son malos. Depende. Si critican e lle poñen os erros e as mentiras enriba da mesa, somos malos, se denuncian pero transixen, son bos.
Cando se dará conta iste señor de que as palabras so son iso, palabras, e o que conta de verdade son os feitos, e ises, por desgraza, están a darnos a razón.
De tódolos xeitos, non ten despedizo a entrevista e algunhas opinións, que se non tuveran detras unha chea de apaños e mentiras, case poderían pasar polas dun home preocupado pola conservación da nosa terra.
Para rematar, o que parece un chiste de humor negro é o tema da lei da paisaxe. A ver que lle pon a nota ao que uns vemos e outros non queren ver. Cal vai ser paisaxe protexida e cal non, e por que.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario