sábado, 25 de outubro de 2008

BARBARIDADE E BARBARIE

http://es.youtube.com/watch?v=0CVw3JJ9XTQ&feature=related SEN DESPERDICIO: NOVAS NA PRENSA http://www.anosaterra.org/nova/ofertas-galegas-chocan-con-parques-que-tramita-madrid.html http://www.anosaterra.org/nova/o-46-pensa-que-os-muinos-non-danan-a-paisaxe-.html http://www.anosaterra.org/nova/os-grandes-empresarios-do-pais-no-concurso-eolico.html TÓDOLOS INTERESADOS E OS LUGARES SOLICITADOS http://www.anosaterra.org/media/media0000008424.pdf !Que barbaridade¡ Parece que a evolución que, segundo os científicos, nos levou dos tempos da barbarie ao os tempos do progreso e , nos ultimos anos, do benestar, está a ganar a volta e levarnos outra vez aos tempos da barbarie. Si, como diciamos onte, lle botades unha ollada a listaxe de lugares onde se pretende pór un parque eólico, non nos queda nengún reuncho no país sen tarabelas. Houbo un tempo no que a terra era a fornecedora do traballo e do alimento da maioría. Por iso, os montes foron humanizados ata o máis pequeno e afastado recuncho para polos a producir e aproveitar os froitos que, por moi humildes que fosen, axudaban a vivir ás nosas xentes. Dende os cumes máis outos ata os vales, os galegos aproveitamos historicamente a terra, e vivímos nunha comuñón armónica coa natureza que deixou na nosa xenética un xeito especial de vivir e sentir a relación coa terra. Milleiros de anos tiveron que pasar para que ise sentimento, tan pouco entendido polos de fóra, se convertise en un dos sinais da nosa identidade. Ata os nosos poetas, notarios do que se ve e do que se sinte - máis dificil de reflectir e de explicar- deixaron nos seus versos ese amor e sentimento pola terra. Tivo que pasar todo o século XX para que, xa nos derradeiros anos, unha mutación se albisque nese xen galaico e trocara o amor e defensa da terra por un desprezo e unha especie de antropofaxía, que nos leva a destruir todo aquilo que, ata onte, era símbolo e sinal de identidade defendida e asumida por todos. O xen parbo, lle chamaría eu, faise dominante e atordoanos a todos permitindo que nos destruan, diante das nosa nafras aquilo que nos deu e nos da a vida. Remato, coma onte cuns versos de Celso Emilio Ferreiro: O DEDO NA CHAGA(Discos: Loitando/As palabras dos galegos) Estas palabras que digo abróllanme dende o fondo pois eu enxamais escondo a canción que vai conmigo. Cos meus cantares consigo ser como o vento lixeiro ninguén me marca o sendeiro ninguén me dicta a canción teño limpo o corazón pra cantar ceibe e senlleiro. Meu canto rudo e sinceiro co badoco non se avén desprecio a todo o que ten alma servil de logreiro sen outro Deus que o diñeiro. Meu canto a ninguén falaga ninguén por cantar me paga soio o pobo meu irmán aplaude o meu canto chan se poño o dedo na chaga. e lembrando a voz firme e rexa do ben querido e lembrado Suso Vaamonde, que de seguro, andaría, como andivemos noutros tempos, a loitar xunto a nós contra a desfeita organizada que nos ven enriba.

1 comentario: