Non por sabido deixa de sorprendernos. Está comprobado que as empresas xogan suxo e que dandolle voltas a lei, fan o posible para que as cousas parezan o que non son.
As ofertas aos propietarios do solo, ademais de ser ridículas con prezos insultantes, son o exemplo de que a especulación e o uso da lei en beneficio de xente allea a propiedade da terra é o que se protexe. Un pobo ou un particular que teña un monte, cando lle toca a desgraza de verse afectado por a construcción dun parque eólico, non ten ferramentas para negarse nin defenderse, por moito que se publicite non senso contrario. A empresa fai unha oferta, a que ela considere, e o propietario só lle queda queixarse e, despois de moitas voltas, ás veces sacar unhas migallas máis. Ou o tomas ou lévanche as terras polo que iles queiran.
Que agora a fiscalía se poña a investigar a posible fraude por ter acordado prezos entre as empresas -que casualidade que ningunha lle dispute a outra a mesma terra- parecenos ben, máis creemos que chega bastante tarde.
Si se comprobara que efectivamente houbo acordo previo, debería obrigarse a revisar tódolos acordos acadados ata o día de hoxe, e revisar os contratos, maioritariamente moi por baixo dos prezos que lle corresponderían se houbese competencia real e xustiza.
Competencia e xustiza fai falla para que todo o proceso que se nos ven enriba, se faga coa racionalidade e a xusta medida que o noso páis e a nosa terra merece.
Ningún comentario:
Publicar un comentario