luns, 20 de outubro de 2008
BOA SORTE CONSELLEIRO
NOVA NA PRENSA ONTE
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/10/19/0003_7238193.htm
Nunha entrevista co conselleiro de industria, Fernando Blanco, vemos as intencións da súa consellería e o plan a desenrolar co Concurso Éolico. Aínda que todo parece moi bonito - imos esperar ao mes de novembro- algunhas cousas seguen sen cadrar, e as intencións xa sabemos que non sempre coinciden cos feitos. O problema da evacuación non está resolto, nin se ten explicado como se vai a facer e que custos ten, en termos económicos e medioambientais. Non se pode facer unha raia nun papel ou por riba dun mapa e despois mirar a ver que pasa.
Os novos parques eólicos van a ocupar moitas hectñáreas de terreo en lugares onde a man do home non debería nin tocar a natureza que, por outra parte, foi a máis desprezada nos ultimos anos.
Como vimos dicindo dende hai tempo, non se pode no século XXI vestir un santo e desvestir outro. Non se pode argumentar a necesidade de enerxía e a suficiencia enerxética como escusa para tirar para adiante, aínda que esto supoña unha inxección de capital en outros apartados do noso tecido industrial, ao que non lle negamos eivas e necesidades. A costa do noso patrimonio natural non se pode tentar remedar o moito mal feito no pasado. Non tería perdón que, con outra cara e outra apariencia, fixeramos algo parecido ao que na ditadura fixo Franco cos nosos ríos.
Por iso e polo ben de todos e polo que lle desexamos boa sorte conselleiro.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario