luns, 10 de novembro de 2008

NIN MOITO NIN POUCO

A eiva máis grande do sistema está en que o vento vai e ven cando quere e como quere. Poñerlle portas ao vento, xa o dí o refrán, é imposible.
Seica, segundo a noticia do Faro de Vigo, as tarabelas non paraban de xirar e producir MW. Mágoa que as nosas cabezas pensantes non teñan artellado para istes casos un xeito de aproveitar isa enerxía que "sobra", porque o sistema non é capaz de asumila.
Como o tema está no negocio ( o tema ecolóxico e de aforro enerxético é a disculpa dos discursos do capital para facerse con máis poder) non se regala nin se usa isa enerxía sobrante que tanto ben podía facer. Hai que vendela e que a paguen cara os que a queiran, e si non, desbotase e paranse as máquinas. É como o tema da fame no mundo e a crise mundial da economía ( crise financieira?), botanse a perder milleiros de toneladas de alimentos básicos para que os mercados sigan producindo beneficios nas contas de resultados das empresas, sin importar que milleiros de nenos e as súas familias estén a pasar fame ou morrendo.
Xa é hora. Hai que cambiar o sistema. Hai que botalos a todos a rúa.
Seica se van a reunir en Wasinton para restaurar e recuperar o sistema capitalista. De quen é a culpa dos seus erros e da situación? Son os cidadáns os que teñen que premer máis os seus cintos, mentres os ricos seguen, insaciables a pedir máis e máis.
Basta xa de tantas mentiras. Construamos entre todos un mundo mellor, non deixando que nos sigan a manipular e enganar con falsas necesidades.
Eficiencia enerxética, aforro, produción ecolóxica e basta de monopolios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario