ENTREVISTA A MANUEL VAZQUEZ, CONSELLEIRO DE MEDIO AMBENTE
Hai que xulgar a xente polo que fai, non polo que dí que fai.
O conselleiro Manuel "Pachi" Vazquez, fala moito, pero as súas palabras contradicense cos feitos, aínda que faga o posible por dar unha imaxe de bo rollo. O da rede Natura tenta solucionalo dicindo que o problema está nun tempo de adaptación a nova lei estatal, que é verdade, mais o que non dí é que o que está facendo con ise retraso é favorecer as empresass que teñen intereses contrarios ao sprincipios de conservación que a mesma Rede Natura ten que protexer e potenciar. Non vale de nada sacar unha lei despois da desfeita e dicir que os tramites son lentos. Un país que non adapta os seus ritmos lexislativos aos problemas reais, ou lle sobran certos burócratas e poíticos ou está condenado a perecer nas arañeiras do capital, como o sistema finnacieiro que medra e se potencia e logo, despois do enriquecemento inmoral, tocalle pagar aos de sempre, ao pobo .
Menos palabras e máis feitos. Señor conselleiro, as palabras lévaas o vento, os feitos fican gravados na codia da terra, e nós ímos por todo o noso empeño en que cada caso leve os nomes e apelidos do seu autor ben visibles para que cada pau aguante a súa vela. A súa, polo de agora é negra, e a súa bandeira leva os osos dun esquelete.
Así o vemos e así o dicimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario