domingo, 7 de decembro de 2008
CRONICA DUNHA MORTE ANUNCIADA
As verdades dos empresarios dos parques eólicos ao remate só son engados para conquerir o que queren.
O que si sucede é o que estamos denunciando e que tan ben ilustra a nova que segue.
http://alacant.wordpress.com/2008/03/12/¿pecadodenuncian-la-muerte-de-especies-protegidas-por-parques-eolicos-mal-ubicados-despreciando-los-documentos-cientificos/
E nós, os galegos, facendonos os xordos, cegos, e moitos, mudos.
Non señor conselleiro, non tragamos co Plano Eólico e a súa postura.
Galiza non poder perder parte da maior riqueza que posúe por uns millóns de euros máis nas contas duns empresarios aos que o país importalles ben pouco.
Na Serra da Groba non queremos ver imaxes como as da nova que publicamos hoxe. Na Groba queremos ver cabalos ceibes, paisaxe e historia, explicada dende o seu punto de asentamento, de nacencia, ata os homes e mulleres que nos aprecen e respecten polo que somos e queremos ser, homes e mulleres libres, con conciencia de seu e respectusosos coa terra que nos da a vida.
¡A ver si se enteran, señores conselleiros! !
Goberne quen goberne, Galiza non se vende¡
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario