mércores, 6 de agosto de 2008

OS TESOUROS DA GROBA

O próximo día 14 de agosto faremos a
2ª XEIRA NOCTURNA POLA SERRA DA GROBA. Neste ano ímoslle a chamar OS TESOUROS DA GROBA.
Saíremos ás 20,30 h. da entrada do Parador de Baiona, e poremos un autobús para os que non queiran levar o seu coche ata a Cruz de Pau, que será o ponto de partida da xeira, como o ano pasado. As prazas son limitadas, por iso se repartiran boletos por orde de chegada ate rematar as dispoñibles.
Regresaremos ao remate da Xeira/Festa alá pola 1 da madrugada.
Visitaremos antes do solpor as mámoas que hai de camiño ao Foxo Pedriño, o foxo do lobo máis grande da Serra da Groba, e cando xa escureza achegaremonos a laxe Cruzada ,ou tamén chamada Pedra Escrita para ver o máis grande laberinto gravado da península iberica.Por certo, iste ano na propaganda institucional do Día Nacional de Galicia,o 25 de xullo, apareceu ,tanto en prensa como no anuncio dos medios televisivos , o laberinto da Laxe Cruzada.
De volta achegarémonos ao Castelo de Dona Urraca para rematar na campa da Cruz de Pau cunha festa e uns petiscos .
Habera música do país e ambente festeiro para reivindicar a protección da nosa Serra da Groba como un espazo natural e cultural.

luns, 4 de agosto de 2008

ONTE, CURRO DA MOSCA EN TORROÑA

Onte, curro da mosca en Torroña.
Algunhas fotos do curro.
NOVAS NA VOZ DE GALICIA
O conselleiro máis solicitado, fala no xornal la Voz de Galicia do que lle queda ata a convocatoria de eleccións. Uns dín que para o outono e outros que si para a primavera. O certo é que o conselleiro ténse que dar presa para deixar os deberes feitos antes de que lle chegue o día do cese.
Por outra banda, os movementos especulativos do grande capital seguen a xogar cos intereses de tódolos galegos. A producción e distribucción de enerxía pasa dunha man a outra como si fora calquera mercaduría que se pode atopar nunha feira ou mercado do país. As plusvalias é o que interesa e, polo medio, quedan as subvencións do papa estado e da xunta, mentres os cidadáns seguen a padecer as eivas dun sistema ao que non se lle esixen nin contolan os investimentos necesarios para dar un bo servizo aos usuarios, que somos todos.
O vento, o noso vento. O que gozamos e padecemos, parece que agora tamén vai a pasar a ter dono fóra do noso país, e consecuentemente, condicionantes para poder gozar e padecelo. Cada día somos menos donos do que críamos noso, do que, cando nenos, coidabamos que non tiña cancela ne valado que o coutara. Agora xa estamos a tremer botando unha ollada cara ao futuro e presentir unha taxa por respirar.
"Eu son libre como o vento.... " ¡Que tempos aqueles! Un loitaba pola utopía e cría nela. Hoxe xa só queda creer na loita.