Esta semana poidemos leer e escoitar nos medios de comunicación moitas novas relacionadas co tema eólico. Estamos xa en campaña electoral e hai moita metralla para repartir. O problema é, dende o noso punto de vista, que os que disparan non saben moi ben que resultados van a ter os tiros. Ata pode que cando se den conta, o chamado "fogo amigo" en términos bélicos, acabe ferindo de gravidade aos seus. Cecais non estaría mal que pecharan os ollos e premendo o gatillo baleirasen os cargadores en tódalas direccións.
Dos rastrollos e as cinsas poderíamos, depois de limpar a eito, construir un novo plan, racional e axeitado aos intereses verdadeiros dos galegos.
Ninguén ten a razón absoluta. Sobran intereses de todo tipo e falla perspectiva de futuro. Non se pode seguir con modelos xa esgotados, partindo sempre da explotación dos recursos naturais como simples mercadorías. Adiando as respostas amplificamos os problemas .
A terra necesita ser máis respectada. A natureza tamén se esgota e con ela a vida. Toda vida é importante por insignificante que pareza a súa presenza nun lugar. Ata isa especie dexeneradora dos chamados "animais políticos", ten dereito a existir, aínda que dende o noso punto de vista debería transformarse en menos agresiva e máis sensata. O pobo agradeceríallo.
RESUMO DE PRENSA
La Voz de Galicia
El País
A Nosa Terra
Ningún comentario:
Publicar un comentario