domingo, 25 de xaneiro de 2009

SEGUEN AS PÍLORAS

A Voz de Galicia segue con seu analise do reparto eólico: http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/25/0003_7483918.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/25/0003_7483919.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/25/0003_7483920.htm Mentres, Galiza sofre un temporal devastador que pon en evidencia que imos por mal camiño co sistema de desenrolo que temos. As eléctricas - tamén outros servizos públicos- multiplican as súas ganancias e rebaixan os servizos que prestan aos cidadáns, deixando pobos e vilas sen electricidade 48 horas, polo de agora. Ante unha forza maior como o temporal destes días, e normal que se produzan situacións de emerxencia que hai que tentar resolver no memor tempo posible. Cando non é o vento é a neve ou outro fenómeno metereolóxico calqueira. Os cidadáns temos que soportar que as empresas que nos están chuchando o diñeiro e os recursos non perdan beneficios e aguanbtar o que nos boten. E así, con todo o que está a caír, hai quen segue a propór modelos de sociedade e de explotación dos recursos do seculo pasado, que polo que estamos a ver, non solucionan nada a maioría. ¡A ver si se enteran! Basta xa de explotación e mentiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario