martes, 13 de xaneiro de 2009

DOSE DIARIA

Como cando un ten gripe ou está doente de algo, o médico receitalle un xarope, unhas píloras ou unha pomada para ir curandose e deixar o mal atrás. Mentres iso ocurre, o paciente ten que cumprir coa rutina diaria de administrar os remedios segundo a receita prescrita: antes de cada desaiuno, xantar e cea. Dez días, un mes ou o que fora mester. O xornal La Voz de Galicia estános a demostrar coas súas píloras diarias de información sobre o tema eólico, que o mal que lle proe ten dificil curación, e só rematará cando as febres nacionalistas e/ou socialistas fiquen lonxe, moi lonxe ou con menos poder do que teñen. Non lle preocupa a ise xornal o verdadeiro problema que vimos denunciando moitos dende hai tempo. Non. Ise non é o mal que lle fai mandarlle as píloras diarias contra do bipartito e, máis ben, contra do BNG. O problema é o seu poder mediatico e os negocios propios e de amigos que ven perigar si as sús influencias non son tan fortes como o foron atao de agora. A culpa non é só deles. A culpa téñena os que tragan, e tragarón, coa pestilente manipulación dos medios informativos e fan que a prensa sexa un verdadeiro poder ( sin numeral). Ninguén se ocupa do real, do pobo e os seus verdadeiros problemas. O que interesa son os negocios e o poder. O gran poder mediático, que quita e pon ministros e conselleiros segundo conveña aos seus intereses. Non nos van a enganar, nin uns nin os outros. E que conste: GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009011300_4_287851__Galicia-reparto-concurso-Innovacion-divide-patronal-eolica-Galicia http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/13/0003_7456809.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/13/0003_7456810.htm

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=383745

Ningún comentario:

Publicar un comentario