domingo, 11 de xaneiro de 2009

DECÁLOGO PARA ACLARAR ALGUNHAS COUSAS

1. Os ecoloxístas estamos a favor da enerxía eólica: si. 2. Non é o mesmo enerxía eólica que un plan eólico x. 3. Si para producir enerxía, sexa do tipo que sexa, destruímos a natureza ou pomos en perigo parte importante dela, a solución evidentemente, non é a mellor. 4. Podense facer as cousas moito mellor. Por exemplo: facer primeiro un Plan sectorial no que encaixe o que teña encaixe e se desbote o que estraga ou pon en perigo espazos naturais, etnográficos ou paisaxísticos importantes. 5. Repotenciar antes de crear novos parques. 6. Crear unha empresa pública de explotación dos recursos eólicos, participada si se quere polas empresas privadas, pero sempre con maioría de capital público. Así, diste xeito, verdadeiramente repercutirá o beneficio no pobo galego. 7. Investir parte dos beneficios en programas de eficiencia enerxética. Non hai que consumir cada día máis, hai que aproveitar mellor os recursos enerxéticos. 8. Aproveitar os recursos xerados para levar aos lugares de producción as tecnoloxías e infraestructuras que posibiliten a modernización do rural e o acceso a banda ancha de calquerira cidadán, viva donde viva. 9. A paisaxe no é unha mercancía que se pode trocar por diñeiro ou construir cando se queira. É un valor en regresión polo chamado avance do progreso. Pódese comprobar vendo as fotos aéreas de hai 25 anos e as de hoxe. 10. Goberne quen goberne, Galiza non se vende. A PRENSA ONTE http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/11/0003_7453564.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/11/0003_7453565.htm HOXE LUNS 12 http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/12/0003_7455223.htm http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/12/0003_7455224.htm http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=383393

1 comentario:

  1. ¿ecoloxistas?a algun xa se soa a delincuentes,rastas,xipies,,,Pois somos xentes qque queremos o desarrolo sostibel,pensando sempre nas xentes,no ecosistema,usando enerxias renoblabes.
    ¡¡E O QUE NON SE CONSIDERE ECOLOXISTA!!
    ¿¿A QUEN QUERE??

    ResponderEliminar