martes, 6 de xaneiro de 2009
REGALO DE REIS
Falan as diversas asociacións ecoloxístas do regalo de Reis que a Consellería de Industria nos deixou a tódolos galegos co seu reparto do roscón eólico.
Laianse todas e analizan a composición da mesma. Fáltalle azucre, sóbralle lévedo, ten dentro sorpresas que, lonxe de contentar aos que as atopan, enoxanos máis. O panadeiro fixo o rosco sen contar con ninguén, sen darllo a probar e sen deixar botarlle unha ollada ao proceso de elaboración, e agora fala de que non o entenden, de que é o mellor roscón que se fixo no país e, aínda vai máis aló, que se podía facer.
Os catadores son moi descreidos e están afeitos a comer pan e beber auga, a deixar as roscas e roscóns só para os días de festa, os verdadeiros días de festa nos que paga a pena pasarse un pouco co consumo de azucre e deixar, por un día, que o doce que tanto endoza como mata, sexa o protagonísta. O resto do ano xa sabemos que o verdadeiramente interesante e ter pan tódolos días, que é o que mantén e preserva a vida, e non doces que disfrazan a realidade e aumentan o perigo de morte e as apetecencias desmedidas, a fame insaciable do que non se enche nunca.
Señores conselleiros e políticos, non tenten enganarnos máis, por favor. Procuren que non nos falte o pan e a auga, e deixen que entre todos fagamos o doce que imos repartir cando de verdade teñamos algo que celebrar. Por todo o que está caíndo nistes intres no mundo, non temos nin gañas nin moral para creer nos doces que vostedes reparten.
O NOSO REGALO DE REIS
Palestina está no mundo. O pobo palestino pide axuda e solidariedade.
Non a masacre do pobo palestino. É a nosa petición verdadeira aos Reis Magos de Oriente, nunca mellor dito.
NOVAS NA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/06/0003_7442711.htm
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=381563
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=381564
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario