mércores, 7 de xaneiro de 2009

NON ESTÁN CONTENTOS

Algo lle proe ao vicepresidente da xunta. Polo que leemos e escoitamos, aínda non entendeu parte das protestas ou non as quere entender. Podemos estar dacordo co argumento de que mellor que queden os megawatios eólicos en mans de empresas galegas que investen na Galiza, mais o que se denuncia non é o reparto, si lle tocou a un ou a outro, se non como se fixo o reparto e cando se fixo. Pola nosa banda preferiríamos que quedase todo en mans galegas pero non en calqueira man. Ou é que as conserveiras, os leiteiros e as Caixas van a regalarlle ao pobo galego algo?. O tema non é ise, señor vivepresidente, o tema é outro e vostede ben o sabe. Sabe tanto que moito antes de que saíse o reparto o venres día 26 de decembro, facía unhas declaracións a unha revista galega nas que dicia: ... despois de tantos anos de espolio enerxético haxa un goberno capaz de estruturar un decreto para a enerxía eólica, que comporta o afortalamento da estrutura empresarial galega e a creación de complexos industriais que se apoian na explotación enerxética e nos beneficios que poida dar.
Sen querelo ou querendo dí o todo. Sobran as palabras.

1 comentario:

  1. Palestina libre-Palestina ceibe-Palestina lliure-Free Palestine-Freie Palästina-無料パレスチナ-Ελεύθερη Παλαιστίνη-Свободная Палестина-Свободно Палестина-Palestina libera-自由巴勒斯坦-Palestina Livre-Вільна Палестина-Miễn phí Palestine-Voľný Palestíne-Фрее Палестине-Darmowy Palestyny-Laisvas Palestinoje-무료 팔레스타인-Volný Palestině-Frit Palæstina-Libreng Palestine-فلسطين حرة

    ResponderEliminar