venres, 13 de febreiro de 2009

DE PASEO POLA GROBA

Mañán pasaremos o día pola Groba cos rapaces do IES Auga da Laxe. Tamén nos acompañarán todos aqueles que o desexen. Sairemos ás 10 da mañán do IES en autobús, e ás 10,20 estaremos no alto da Groba para comezar unha excursión que pretendemos dure ata a tardiña e que nos levará a lugares senlleiros da nosa serra. Todo o que se anime pode engadirse a excursión e aparecer na Chan da Lagoa ás 10,15 h ou ás 10,20 no Alto da Gabiñeira. Xantaremos de bocadillo alí onde nos atopemos a hora en que o corpo nos pida alimento. Tentaremos que sexa nun lugar bonito. NOVAS NA PRENSA http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009021300_4_296761__Galicia-Banco-Pastor-anuncia-recurrira-reparto-concurso-eolico-Xunta http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=395115 http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=472&idNoticia=395109 http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=395117

Ningún comentario:

Publicar un comentario