sábado, 7 de febreiro de 2009

GRAZAS MESTRE

Onte no centro Social Caixanova Con Bernardino Graña, Anxo Angueira despos da cea
En Couso, Gondomar, iste verán.
Onte estivemos na homenaxe a Ferrín. Con setenta anos cumpridos, enceta unha nova xeira vital. Agardamos que sexa tan fecunda e prolífica como ata agora.
Ferrín está no noso blog non por ser un home de letras, das boas e mellores letras galegas de tódolos tempos, se non que lle facemos esta pequena homenaxe por todo o que ten colaborado e feito pola dignidade do noso país. Tamén polo feito concreto de apoiar a SOS Groba e a defensa do noso patrimonio natural e cultural, cos seus escritos e palabras, xa nas súas seccións do Faro de Vigo como en persoa en varios foros nos que a Groba, o Cabalo Ceibe Galego e os curros do Val Miñor, foron defendidos e valorados como bens nacionais a conservar e protexer.
Un home da talla intelectual e humana como a de Ferrín non se atopa tódolos días. Unha personalidade sempre presta a defender causas que outros ignoran ou mesmo desprezan. Un luxo para un pobo, e que non sempre ten o recoñecemento que debera.
Dende a nosa humilde fiestra, benzóns ao mestre e moita vida para vivíla en plenitude na grande nazón de Breogán.
Grazas, mestre, por existir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario