
Istes días está na prensa a polémica do xuizo pendente do Prestige, e volve a ecoar nos medios o nome de Nunca Máis.
Despois da nova da non imputación do director xeral correspondente que mandou afastar o barco da costa, e do recurso que Nunca Máis vai a pór contra esa medida, comprobamos que a lei e lenta, inxusta e non acaba solucionando nada, sobor de todo cando hai políticos polo medio. Hai máis mostras nos xornais de rigorosa actualidade que reforzan o nos argumento.
Comisións de investigación, defensores do pobo, feixes e feixes de novas leis e decretos, para que nada mude e todo siga igual, perdón, non igual, pior. Moito pior, isa e a sensación que nos da o analoise da realidade que vemos e do futuro que nos espera.
Tamén istes días estamos a ler na prensa que a UE pídelle a España que ten que coidar máis os seus ríos e dálle prazo para rematar coa contaminación nas rías. Por outra banda tamén lemos que as eléctricas proxectan máis encoros nos ríos Sil e Miño. As empresas piden máis megawatios eólicos e xa falan de encher o mar de muíños. Aínda máis? preguntámonos.
Que nos queda? Que país imos a ter en poucos anos si todo isto vai adiante? De que valen tantas leis e organismos, xa sexan da UE, de Madrid ou de Santiago?
E mentres, temos que seguir escoitando -radio galega, 10,30 h, domingo 22 no programa
Extrarradio, entrevista ao conselleiro en funcións de medio ambiente- ao señor Pachi vazquez que onde están os que protestaban contra a desfeita do territorio?
Non imos a contestar hoxe. Tempo teremos. Iso si, despois do Nunca Máis e de todo o camiño andado nistes anos, parecenos que imos escoitar moito o de Aínda Máis.
Nós, sabemos onde estamos e onde imos a seguir estando: na defensa da terra e do país, goberne quen goberne.
NOVAS NA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/03/22/0003_7605695.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/03/22/0003_7605696.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/03/22/0003_7605772.htm
AÍNDA MÁIS
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/electricas/proyectan/grandes/embalses/Mino/Sil/elpepuespgal/20090322elpgal_6/Tes
Ningún comentario:
Publicar un comentario