xoves, 19 de marzo de 2009
CONSECUENCIAS E OS OUTROS SINAIS
NOVAS NA PRENSA
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/meses/ver/tele/elpepuespgal/20090319elpgal_18/Tes
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031900_4_307599__GALICIA-Empresas-ganadoras-concurso-eolico-recurriran-paraliza-proceso
As veces non lle damos moita importancia as pequenas cousas. Hai quen dí que son precisamente as pequenas cousas as importantes, porque de aí saen a maioría dos sucesos e aconteceres da nosa vida, daquilo que é cotián e que vai tecendo o discurso do que nos fai ser alguén e vivir. Si, as pequenas cousas importan moito.
Na primeira nova que encabeza iste apuntamento podemos decatarnos do real que é iso, e da cadea de aconteceres e consecuencias que deriban do que , en apariencia, é un feito simple.
O pretendido ben e beneficio dunha acción complexa - instalación dun parque eólico para ter máis "enerxia limpa"- deriva nun atranco e perda de benestar xeral dunha comunidade que perde algo máis que o sinal da TV. Día a día, ises veciños e tódolos demais que habitamos iste país chamado Galiza, imos a perder o máis importante, iso que non se ve e que só nos decatamos que o perdemos cando xa non o temos.
Pórlle prezo ao vento, ao azul do ceo, desprezar o medio ambiente, ten de resultas máis consecuencias que a simple perda do sinal da TV. As outras consecuencias que ninguén quere ver mais que pouco a pouco se padecen, mal que nos pese.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario