Quremos salientar hoxe a nova que atopamos no xornal ElPaís. Os pequenos mamíferos sofren un grande perigo e están moi pouco considerados, sendo moi importantes para o medio ambiente e a diversidade. Na Serra da Groba temos unha grande diversidade de istes pequenos animais que, dada a súa pouca visibilidade, pasan inadvertidos para a maioría da xente. Entre eles atopanse os morcegos, que son uns dos moitos animais que corren o perigo de desaparecer mortos entre as pás dos grande muíños de vento. Observar na noite a vida que bule na nosa serra, é un grande pracer e unha grande sorpresa pola cantidade e variedade de animais cos que nos atopamos. Dende aquí botamos hoxe un sinal de auxilio para que tomedes conciencia de que todos somos necesarios, e a pervivencia de uns axuda a pervivencia dos outros. Dende o máis pequeno insecto ao máis grande e fermoso cabalo ceibe galego. Nós, os humáns, non somos nada máis que un gran de area na inmensa masa que compón a vida no planeta terra. Dende aquí lembrar ao profesor Francisco Anguita, que nos acompañou estes días e que tivo a deferencia de visitar a nosa Serra da Groba, falarlle a xente nova de Tomiño e Nigrán, e de participar nunha conferencia na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar o mércores pola noite, nas que falou de evolución do universo e do planeta terra que non sendo dos máis vellos do sistema solar só ten 4500 millóns de anos. Os morcegos están aí moito antes que o home, e nos non somos ninguén para botalos do lugar onde sempre estiveron, por outra parte, axudando a que o equilibrio natural fose tal como a natureza o deseñou. Solidariedade cos compañeiros de Drosera e cós irmáns morcegos, que diría o santo Francisco. http://www.elpais.com/articulo/Galicia/anos/contando/murcielagos/elpepuespgal/20090307elpgal_17/Tes
Ningún comentario:
Publicar un comentario