venres, 17 de xullo de 2009
ESPECULANDO QUE E XERUNDIO
NOVA NOS XORNAIS
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009071700_4_349437__Galicia-Jove-compra-tres-parques-eolicos-seis-meses-recibir-ninguno-bipartito
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/07/17/0003_7852414.htm
Seguen os empresarios coa especulación e o trafego de intereses. A nova dos xornais pon a Jove, empresario galego , como si estivera facendo un gran ben ao país ao mercar negocios (niste caso da enerxía eólica) nos que o fin que persegue e gañr diñeiro coa enerxía e seguir especulando a costa do que é de todos e nunca debería estar en mans privadas.
Que os empresarios invistan e creen postos de traballo, pode estar ben e incluso ser necesario dentro do sistema no que nos movemos. Agora ben, hai outros xeitos de producir riqueza e, o que é máis importante, benestar para a cidadanía con outros sistemas de aproveitamento dos recursos e a súa manipulación.
Chegados ao século XXI con unha crise do sistema que dixo xa abonda, é tempo de falar con máis seriedade do futuro e das solucións aos problemas que a sociedade e o mundo en xeral, ten que afrontar nos vindeiros anos. Pór os movementos especulativos do capital e dos empresarios como exemplo, coa que está caíndo non cremos que sexa o mellor modelo nin o mellor xeito de afrontar o futuro e darlle exemplo as xeracións futuras que hoxe se están a formar nas escolas e nas universidades.
Mentres, Galiza perde sangue tinguido de branco envasado en tetrabrik, e o cerne da vida do noso pobo, a xente do campo, a que nos da de comer a todos, aguanta rexamente mentiras e inxustizas de cotío. Galiza, doce mágoa das españas, deitada rente ao mar, ise camiño.
Ulo o camiño?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario