xoves, 10 de setembro de 2009

PRÓXIMA ACCIÓN REIVINDICATIVA DE SOS GROBA

O venres día 18 de tembro, SOS Groba comeza o novo curso cunha xeira reivindicativa pola Serra da Groba. Faremos un paseo didáctico e lúdico polos lugares máis senlleiros da nosa serra, gozando da paisaxe e da natureza. A saída será ás 20 h. da praia de Santa Marta, en Baiona, para subir en coches ata o Montouto, onde faremos a primeira parada para ver a posta de sol e as nosas rias baixas. Continuaremos ata Cruz de Pao, deixaremos os coches e seguiremos a pé, vendo mámoas, a Boca da Groba e chegaremos ata o Foxo Pedriño para facer unha posta en escena de como se cazaba o lobo nas trampas centenarias dos foxos. Aproveitaremos para ver as estrelas, se o tempo o permite, e observar os Cabalos Ceibes da Groba testemuñas dende hai milenios do devalar e evolución da nosa serra. Botaremoslle unha ollada á terra que queren ocupar co parque eólico e os estragos que estan programados, para que cada quén opine e con coñecemento de causa. Agardamos a vosa presencia e a de tódolos os que queirades convidar. Espallade a convocatoria. Vémonos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario