mércores, 16 de setembro de 2009
XEIRA REIVINDICATIVA O VENRES POLA GROBA
Iste venres subiremos á Groba para ver cousas novas. Os que nos tedes acompañado noutras xeiras xa coñecedes algúns lugares senlleiros da nosa serra. Desta vez imos a ver o Cortello do Porco,o segundo foxo de lobo que temos na Groba. Iste é diferente ao Foxo Pedriño, en magnitude e en configuración. Ten as súas peculiaridades que o fan moi interesante e singular.
Tamén imos ver outra mámoa que non temos visto noutras xeiras e un conxunto de petróglifos descoñecidos para a maioría da xente.
Pasaremos por lugares cara o norte e o oeste, noutras ocasións a camiñata ía cara o leste e o sur.
paga a pena.
Traede lanternas e roupa de abrigo e ganas de pasalo ben. Agardamos sorprendervos e que lembredes o día, a paisaxe e o patrimonio que veremos.
Animádevos e animade a xente a asistir.
Vémonos ás 20 h. na praia de Santa Marta, onde está o bar de madeira da praia. Subiremos en coche ata o Montouto (alto da Groba).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario