domingo, 4 de outubro de 2009

NOVAS SOBRE O TEMA EÓLICO NA PRENSA

Istes días están saído moitas novas na prensa sobre o Decreto eólico e a súa suspensión polo TSXG e as reaccións de distintos grupos empresariais con intereses no tema. A manipulación e o descaro co que se está a falar danos noxo. Uns e outros están tentando vender o país polos intereses particulares e u nha conta de resultados das súas empresas. Mentres a maioría da cidadanía sen enterarse e pendentes de que, pasado o tempo, outra vez sexa a nosa terra unha colonia explotada para servir a os intereses duns poucos. Nin uns nen outros acertaron nen acetrtan, segundo a nosa modesta opinión, no tratramento dun tema tan importante para o futuro do noso país e das nosas xentes. Si escoitamos as novas que están a espallar aos catro ventos en diversos medios, estamos de sorte por quer todos imos a gañar moito. Por unha banad co Canon e por outra coa suspensión do "amañado Decreto Eólico do bipartido ladrón que só fixo roubar e deixar na banca rota ao país". ¡Que sorte temos señor Guerra! Que sorte de que esté vostede aí defendendo os intereses de todos nós. Agardamos os próximos movementos, a ver como explica a súa postura e como a xustifica con cifras e dados reais. Ironías a parte, mal vemos o futuro si a cidadanía non se informa e se manifesta. As mans dos políticos están moi ben dirixidas polos de sempre. O capital e quen goberna, mal que nos pese, e si non facemos nada rematará con nós sen que nos dea tempo a decatarnos. Só hai que escoitar o que están a pedir os bancos e a CEOE . Iles gañan nso tempos de enchenta e queren seguer a gañar nos tempos das vacas fracas. Os obreiros e ao pobo que lle preman máis a cincha e lle afien a aguillada para mandalos seguer a tirar do carro. ALGUNHAS MENTIRAS DISFRAZADAS DE NOVAS QUE SAEN HOXE NA PRENSA http://www.anosaterra.org/nova/35207/un-alto-cargo-da-voz-pediu-a-suspension-eolica-.html http://www.xornal.com/artigo/2009/10/04/suplementos/estratexias/polemica-terra-incerteza-no-mar/2009100400151617561.html http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/10/03/0003_8011902.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario