sábado, 19 de setembro de 2009
GRACIAS
Gracias a todos/as pola vosa participación da xeira de onte. Aínda que o tempo non axudou, e a néboa fixo que non poidéramos desenrolar o programa tal cal o tiñamos previsto, a vosa compaña e participación énchenos de folgos para seguer na loita en defensa da nosa serra.
Xa que logo, temos pendente unha nova xeira para completar a de onte. Os compañeiros de SOS Groba estamos tentando argallar unha xeira outonal, probablemente de sábado todo o día, na que queremos ensinarvos lugares novos e patrimonio non moi divulgado ate o de agora.
Como sabedes, o outono é tempo de fungos e de froitos como as noces e as castañas. Temos varias ideas que imos desenrolar na nosa próxima xuntanza para preparar, coa axuda de todos, unha xeira con magosto e didáctica sobre os froitos do outono. Ademais da paisaxe e a toponimía, arqueoloxía e etnografía, a nosa serra ten moitos tesouros de orixe vexetal que no outono cobran o seu protagonísmo. Tentaremos facer algo para divulgalo e amosalo nun novo percorrido.
Mentres non chega o día, seguiremos a traballar e buscando información sobre o estado do proxecto e novas actividades das que iremos informando puntualmente.
Lembrar outro agradecemento para os compañeiros/as de Pontevedra dos Chichisos e Anxo de Fontes, pola súa animación perante o percorrido e despois, na festa na taberna de Nato, na Chan da Lagóa. E as e os bailadores que se atreveron a dar unhos puntos despois da cea.
Ata daquela un saúdo e reiterado agradecemento polo voso apoio.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Boas a todos,
ResponderEliminarÉ certo que a noite non acompañou pero aínda así a saída estivo moi interesante e os que quedamos cear na taberna de Nato, ¡pasámolo pipa!
Ata a próxima e grazas a vós, por informarnos e trasmitirnos a vosa sabedoría e teima porque o noso o poidan gozar os nosos fillos, os nosos netos e os que veñan.
A.M.