sábado, 21 de novembro de 2009

A BOA E A MALA

A profesora Rosa Pascual, presentadora do acto, e Xurxo Perez Pintos Queremos traer hoxe ao noso foro dúas novas, unha boa e unha mala. Primeiro a boa. Asistimos días a trás a presentación na libraria Libraida de Gondomar do magnifico libro de Xurxo Perez Pintos Historia contemporánea da destrución da natureza en Galiza, editado n´A nosa Terra recentemente. Consideramos moi interesante as aportacións e analises que fai Xurxo sobre como a natureza ten evoluído no noso país e da grande influencia que a man do home ten e segue a ter en todo o proceso. Parécenos que iste libriño -fácil de ler- debería ser de obrigada lectura nas escolas para os alumnos de 4º da ESO ou bachareles de 1º ano, así como para todos os interesados en comprender os comprexos mecanismos que rexen o funcionamento do noso ecosistema. Teríamos todos unha base moito máis sólida para afrontar e construír argumentos e emprender accións a prol dun medio que necesita, máis que nunca, a nosa aportación para a defensa e protección da natureza.Sen ela, a todo o demais pouco valor lle resta. Segundo a mala. As novas nos medios de comunicación andan a espallar a cotío casos de corrupción e de mocións de censura nos concellos. Que si porcentaxes de procesos sobor de políticos corruptos, que si uns máis que os outros, que si tu máis... Días atrás falabase do concello de A Veiga, un dos concellos que atesoura unha grande parte do patrimonio natural, do pouco que nos queda, no país en estado de conservación acptable . Podemos ver ista nova no xornal dixital Vieiros http://www.vieiros.com/nova/77290/unha-mocion-de-censura-para-favorecer-un-parque-eolico Coñecendo os antecedentes e as intencións dagunhas empresas que xa o intentaron, só podemos agardar malas novas para o futuro dunha parte do país, que debería estar blindada contra toda esta caste de xogos políticos e empresariais que só buscan intereses económicos, por riba de calqueira outro, sexa ambiental ou patrimonial. Non lle perdamola pista. Habemos ter novas relacionadas en pouco tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario