mércores, 25 de novembro de 2009

A NOVA LEI EÓLICA e TOURIÑÁN

Seguen a pelexar os galos no curral e mentres as galiñas son comestas pola raposa. Da noxo ver como a alta política do noso país segue a tecer arañaeiras para que a cidadanía se enlee en mensaxes e decretos, mentres o territorio se destrue e a natureza se esgota como o viño dunha cunca na mesa dunha taberna chea de sedentos bebedores. Si o anterior decreto era malo para a natureza e o territorio, o novo aínda é pior, pese ao que diga - que vai a dicir - o conselleiro señor Guerra. O único que fica claro é que vai a moverse moito diñeiro e que iste vai a ir aos petos e contas dos de sempre. As comunidades de montes, os concellos e os cidadáns seguiremos a ver como a tallada grande se reparte lonxe, mentres aquí fican os entullos e as perdas patrimoniais irrecuperables. A grande mentira da solución das enerxías alternativas ( co modelo que propoxen de grandes explotacións) faranos a todos máis dependentes e menos autosuficientes. Seguiremos sendo os últimos en calidade das novas tecnoloxías, no propio servizo de enerxía eléctrica aos fogares e as empresas do rural, e pagaremos máis cara a que se produce nas nosas terras a costa do sacrificio do noso medioambiente. Por outra parte seguimos sendo o país que ten menos protexidos os seus espazos naturais de interese. Loxicamente todo ten a súa explicación. Mentres siga sendo así é máis fácil montar e destruir parques eólicos, piscifactorías e outras empresas contaminantes. A ver cando se lle ocorre a algún político facer unha lista de lugares intocables, si, nos que non se poida poñer nada que non sexa o que a natureza leva posto en centos ou miles de anos. Unha especie de reserva natural na que a man do home e os seus intereses non cheguen. Sen escepcións e sen normas que se fan para non cumplilas. Espazos nos que a natureza evolucione sen interferencias. Temos uns cantos susceptibles de ser conservados e que, en calqueira outro país, serían un orgullo para calquera. A chamada Rede Natura é un camiño feito para andar os bois e o carro do meu carreteiro. Entendamonos, está feita a medida do que queren os que mandan, sen importar os verdadeiros valores e a natureza. Como exemplo salientable esta a Serra da Groba, onde a raia que dí o que é Rede Natura e o que non, está feita por unha man tonta que sube e baixa ao antollo de alguén, esquecendo os verdadeiros valores naturais e patrimoniais da serra. Un dez para os amigos de Touriñán e a ver si temos a mesma sorte. NOVAS NA PRENSA http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=490873 http://www.elpais.com/articulo/Galicia/oposicion/acusa/PP/aprobar/ley/eolica/vendetta/politica/elpepuespgal/20091125elpgal_10/Tes http://www.vieiros.com/nova/77342/a-vendetta-eolica-axita-as-bancadas-parlamentarias http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/11/25/0003_8129903.htm http://www.xornal.com/artigo/2009/11/25/politica/guerra-acusa-bipartito-apoiar-intereses-escuros-co-decreto-eolico/2009112500560710905.html http://www.farodevigo.es/galicia/2009/11/25/industria-ingresara-1000-millones-veinte-anos-canon-eolico/389547.html http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=490872 http://www.vieiros.com/nova/77364/un-informe-cientifico-desaconsella-a-explotacion-piscicola-de-tourinan

Ningún comentario:

Publicar un comentario