Iste pasado domingo celebrouse o primeiro curro do ano na Valga. Estamos ante un ano que vai ser vital para o Cabalo Ceibe Galego. As pretensións das autoridades de obrigar a todos os propietarios de cabalos a identificalos cun micro chip, coma os cans, vai a traer consecuencias moi negativas para o número de cabalos que aínda temos o privilexio de poder ver nos nosos montes. A falla de imaxinación, de coñecemento e valoración das nosas tradicións, vai levar a administración a causar aos nosos cabalos e aos seus propietarios un mal en crecemento que, moito nos tememos, remate na extinción do Cabalo Ceibe Galego, e consecuentemente, dun patrimonio milenario que os nosos devanceiros nos legaron, e a propia natureza foi capaz de manter.
Dende iste humilde foro convidamos a todos/as os que amades a natureza e o noso patrimonio Natural e Cultural, a que visitedes os curros, olledes a beleza e valor do que estamos a falar, e axudes a divulgar e protexer aos Cabalos Ceibes, as "burras do monte", as festas dos Curros e a súa riqueza etnográfica. Estades convidados. O próximo curro será en Torroña, Oia, o primeiro domingo de xuño. informaremos oportunamente.
Niste enlace tedes algunhas fotos do Curro de A Valga do domingo pasado.
http://picasaweb.google.es/lh/sredir?uname=bentevexo&target=ALBUM&id=5471841382708199761&authkey=Gv1sRgCM27to2Rz6CX2AE&feat=ema
Ningún comentario:
Publicar un comentario