Que a enerxía eólica non é a panacea xa o tiñamos dito. Que ten moitos problemas por resolver, tamén. Que o sistema baseado case exclusivamente na produción, sen optimizar recursos nen plantexar alternativas que vaian encamiñadas cara a creación de vivendas e industrias sustentabeis, é e será o punto no que debemos atoparnos e do que, coidamos, temos que partir. Mentres, os especuladores do negocio enerxético xa andan a argallar protestas e presións para acadar unha maior avantaxe e rendibilidade nos seus proxectos, sen pensar, claro, nos intereses da cidadanía nen do país.
NOVA NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/05/20/red-electrica-avisa-nuevos-parques-eolicos-podran-operar-recupera-consumo/440369.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario