sábado, 8 de maio de 2010
SEGUE A DESFEITA
Segundo a prensa de hoxe, segue a desfeita e nin decretos de paralización nin nengunha lei existente están servindo para o que foron creadas, protexer o noso patrimonio e ordear as actuacións en lugares de interese natural ou patrimonial.
Que a sociedade civil teñamos que estar facendo de polícias, de fiscais e de voceiros dos estragos, lévanos a dicir, de novo, en voz ben alta para que serven as leis e tódolos decretos?. Para que serven as institucións se chegan sempre tarde, e cando chegan, as cousas seguen como se non chegaran?
Que nos queda por facer aos que amámos e defendemos o noso patrimonio, natural e cultural?
De que serve toda a burocracia legal si non é capaz de parar o mal e deixa que este se prolongue no tempo empeorando as cousas?
Ao remate, o pesimismo vai poder con nós. Non abondan as palabras. Queremos feitos. A realidade e moito máis crúa que calquera ficción imaxinada. Temo que rebelarnos todos contra da inoperancia e a ineptitude daqueles que, en postos públicos, usan o nos sistema social para a súa mellora persoal en contra do interese xeral da comunidade, que non esquezamos, somos todos, independentemente de onde vivámos ou nacéramos.
NOVAS NA PRENSA
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=16809
http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/05/08/cultivo-kiwi-avanza-pese-ordenes-xunta/436774.html
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/08/0003_8470056.htm
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario