FOTOS DO LUGAR CHAMADO BOA VENTURA na parroquia de Burgueira. A plantación de kiwis non lle trouxo precisamente boa ventura ao lugar no que a história deixou as súas pegadas milenarias en forma de minas de ouro esgotadas, petróglifos e restos de antigos poboamentos romanos. Agora, as lebres e os coellos teñen vagantío para as súas brincadeiras entre unha nova especie vexetal, ata o de agora, descoñecida para eles. Xa o tempo dirá si son compatibles uns e outros. O que algúns queixeron que non o fóran, son as pegadas da história e un novo xeito de uso do monte. Ni que fose tan difícil conxeniar aos dous. Estamos seguros de que cun un pouco de máis sensibilidade e finura todos ganarían e convivirían, e enton, si poderíamos dicir que avanzamos e progresamos afrontando os retos do futuro sen esquecernos do pasado.
Mentres, ou mudamos as formas e os xeitos de actuar ou non imos chegar moi lonxe. Especular, pensar só no diñeiro, esquecer a natureza e a sotenibilidade, non son xa reivindicacións de algúns, son necesidades imperiosas dun xeito de facer as cousas nunha nova sociedade que ten que nacer ante un modelo económico e social esgotado e insostible.O futuro é noso, de todos, non só duns poucos, e aos que veñan despois de nós, debémoslle algo mellor do que lle estamos dando, e as amósegas do pasado tamén forman parte do futuro que temos que construír e son un valor engadido que hai que coidar e tratar con respecto, non facelo ben farános máis pobres e débiles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario