mércores, 25 de agosto de 2010

OS PREZOS DA ENERXÍA E AS CABRAS

NOVAS NA PRENSA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/tahoces-pide-baixar-carga-fiscal-sobrea-enerxia/idEdicion-2010-08-25/idNoticia-582827/

 http://www.xornal.com/artigo/2010/08/25/sociedad/cabras-limpiar-monte-prevenir-incendios-portugal/2010082510595700751.html

 Parece que algúns escomezan a decatarse de que o monte é un complexo vivo que percisa de accións de intervención sostidas no tempo e acaídas aos usos tradicionais, e non só propaganda e gasto de milleiros de millóns de euros en políticas erróneas de prevencións de lumes só perante os veráns.
O pastoreo regulado e as explotacións de animais en réxime de liberdade semi controlada, son algúnhas das solucións que mellor resultado teñen dado historicamente aos nosos montes. Mentres en Portugal andan lixeiros na percura de solucións produtivas, eiquí seguimos a falar de investir en apagar lumes que nunca deberían prenderse si o monte fose unha fonte de riqueza produtiva, como sempre foi no pasado, e non de subvencións e negocios fáciles para espabilados e aproveitados.
Por eso, hoxe imos a ser atrevidos e dicir: o monte para quen o traballe, e non para quen o explote.A diferenza, cremos, é clara . Non a moito tardar,  imos a ter novas nas que poderemos explicar máis polo miúdo a frase e a conxugación dos verbos traballar e explotar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario