NOVAS NA PRENSA
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/directrices/territoriales/obvian/nueva/Red/Natura/elpepuespgal/20100826elpgal_1/Tes
¡Uuuii uuuiii uiii! , que políticos estes que se esquecen do que din en campaña electoral e agora fan ao reves do que dixeron.
É evidente que a poítica do PP non ten interese nengún en protexer o noso patrimonio natural, os seus feitos veñen delatandoos. En calquera país cun mínimo sentidiño faríanse primeiro as directrices e planificacións do territorio, para despois artellar enriba os outros plans sectoriais que den sentido as políticas dun proxecto de país e de futuro, no que o territorio e os valores patrimonias teñen que ficar a salvo dos intereses destrutivos dos especuladores e das industrias que só miran os beneficios e as contas de resultados, sen importarlle moito o futuro nen os métodos e medios que utilizan para acadalos.
Que no ao 2010, de acabalo xa do 2011, estemos aínda sen saber canto, como e onde imos a protexer o noso Patrimonio Natural, a pesares dos avisos e das advertencias da CEE, dínos as claras o que verdadeiramente ten importancia para o goberno que non goberna para o pobo galego, se non para defender os intereses dos seus amigos e das grandes empresas .Logo virán con discursos protecionístas e moita propaganda, dicindo que van a facer e que son máis que ninguén na proteción e coidado do medio ambiente e a natureza. Mentres, as rías, os ríos e as serras do país seguen a ser destruídas amparadas pola administración burocratizada e enleadora dunha caste de xente sen nengún escrúpulo.¡ Basta xa! mentireiros inmorais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario