domingo, 24 de outubro de 2010

O CARRO ANTES QUE OS BOIS

NOVAS NA PRENSA

http://www.farodevigo.es/galicia/2010/10/24/parques-eolicos-retrasara-2020/484026.html

http://www.xornal.com/artigo/2010/10/24/economia/galicia-dio-multinacionales-vatios-eolicos/2010102401414600427.html
Como temos comentado noutras ocasións, a Xunta seica quere mandar antes o carro que  os bois e así, loxicamente, non se chega moi lonxe.
Ise gran plan estratéxico para optimizar recursos, aforrar enerxía e facer un consumo máis responsable, aproveitar o que temos e nos desfacer máis a paisaxe e a natureza, aínda non o vimos por nengures. Seguese con proxectos e dinámicas do século pasado e de modelos caducos que non teñen futuro e que, asemade, producen moitos estragos. non hai un modelo sostible, nin se proxecta e programa o futuro para que así sexa. Só se pensa ao curto prazo e a especulación pura e dura para tirar proveito de niños de negocio esplotados sempre polos mesmos e cos mesmos resultados para o país.
Mentres, a cidadanía segue atordoada polos medios de comunicación e polas políticas enganosas que poñen o enfase do noso futuro benestar no crecemento, no aumento da produción e nos beneficios empresariais, sen pensar no que ven por trás e os que terán que aguantar a herdanza que lle estamos creando chea de buratos negros e noxentos e viciados aires.

MORTE TRÁXICA
http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/10/24/lobo-muere-caer-lazo-puesto-caniza/484045.html
Seguen a morrer como bestas perigosas, sen decatarnos que o que morre non é a besta, a fera, o terrible lobo, se non que o que morre e o equilibrio da natureza que nos mantén a todos e que estamos estragando por avaricia, egoísmo e falla de sensibilidade.Cando morra o ultimo lobo das nosas serras, non  desaparecerán as feras das nosas vidas. Cando iso ocurra teremos que abrir moito máis os ollos e estar máis atentos por que, chegado ise intre, teremos que gardarnos de outra besta e fera maior, máis perigosa e asesina, o home como especie.
¡O home! . ¡Que medo!






Ningún comentario:

Publicar un comentario