domingo, 17 de outubro de 2010

PISCIFACTORÍAS E SPAS EN PRIMEIRA LIÑA DE COSTA

NOVAS NA PRENSA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/piscifactorias-spas-primeira-lina-costa/idEdicion-2010-10-17/idNoticia-600907/
O chamado POL (Plan de Ordenación do Litoral) polo que se ve, despois dunha análise detallada, non protexe nin ordena nada que non estivera xa "ordenado". Seguimos a ver como o que se fai coas novas leis e tentar disfrazar de leagis as aberracións feitas nos últimos anos e permitir que se sigan a dar novas aberacións.

Ao ver, concello por concello, as delimitacións de iste POL decatámonos das intencións últimas dunha lei que non protexe, que non denuncia e tenta subsanar as deficiencias de outras leis e plans anteriores. O que se está a facer e darlle cobertura legal á especulación e aos pelotazos que utilizan,  e van a seguir utilizando,  a nosa paisaxe e as nosas paraxes máis senlleiras para facer negocios. E mentres todo isto sucede xa se preocupan ben de que a cidadanía non se entere, non chegue a ver o que se pretende, póndo en primeiro lugar unha cartografía e unhas delimitacións difusas, confusas e borrosas, para que unhas cousas parezan outras e a claridade e a información nidia sexa só un desexo e nunca unha realidade.
Seguimos a dicir o mesmo: Nunca tanta lei protectora houbo, e nunca tanto se destruíu.
Entón, para que serven todas estas leis?  Que intereses e a quen  defenden?

Ningún comentario:

Publicar un comentario