luns, 3 de xaneiro de 2011

¡APAGHA A LUS MARILÚS!

SEMPRE CON TRAMPAS
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Coren/planea/macroexplotacion/ganadera/zona/protegida/UE/elpepuespgal/20110103elpgal_2/Tes
O QUE COSTA A ENERXÍA
http://www.farodevigo.es/economia/2011/01/03/claves-subida-luz/505419.html

Xa estamos a cabalo dun ano novo e, botándolle unha ollada as novas dos xornais na rede,  atopamos vellas mañas que nos lembran que os que xogan contra da natureza e só defenden as contas de resultados son expertos en disfrazar as sús intencións. O vello truco de dividir os proxectos para esquivar as avaliacións de impactos ambientais ven sendo recurrente nos usos da grande empresas que. por outra parte, presumen de coidar o ambiente e defender o país. O proxecto de Coren, niste caso, así o demostra. parécenos un paradoxo ter que falar mal dunha empresa que podía ser a abandeirada da defensa do noso patrimonio e do uso racional do monte. Unha empresa que fixo moito por fixar poboación no noso rural, por dar unhas condicións de vida aos nosos labregos e gandeiros moito mellores ca dos nosos avós. Tendo a tecnoloxía e as infraestruturas necearias para modernizar as explotacións gandeiras e agrícolas, ben de posicionarse nuns proxectos expansivos que miran máis a conta de resultados que a calidade do produto que vende. Non basta con presumir nas etiquetas de produto ecolóxico, hai que demostrar nas prácticas cotiáns que así é. Xa sabemos o que ocorre nesas granxas de polos e de porcos, nos cebadeiros de xatos e nos campos nos que son os tranxénicos os que fan máis produtivas as explotacións. Vir a gora a tentar sumarse a gandeiría ecolóxica con explotacións en extensivo e co selo de razas autóctonas non basta. Non imos tragar. E menos si, para escomenzar, se tenta facendo trampa . Así que. ollo a COREN e a calqueira outra empresa que tente vender ecoloxía e produto ecolóxico deisfrazado do que no é. Estaremos atentos. E que non esquezan estas empresas que a rede ten e vai ter un grande poder para espallar ao mundo as mentiras que tenten darnos gato por lebre.
"APAGA A LUS MARILUS", e aforra enerxía. Non só estarás aforrando cartos, estarás facéndolle un favor á terra e aos que veñan despois. Non precisamos consumir tanto para ser felices, nin pagar peaxes para ser libres. Se libre e exerce a túa liberdade dicindo non ao consumismo e ao derroche enerxético.

Ningún comentario:

Publicar un comentario