domingo, 9 de xaneiro de 2011

HAI PLENO EN GONDOMAR O DÍA 12

Temos pleno extraordinario no concello de Gondomar. O próximo mércores día 12 ás 20 h. no Auditorio Lois Tobío haberá un pleno extraordinario a propoposta da Comunidade de Montes de Vincios para tratar a postura do Concello de Gondomar, e dos seus grupos polícos presentes como representantes da cidadanía en dito organo, a respecto da posible instalación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro.
Os comuneiros de Vincios presentaron a súa solicitude antes de que se constituíra a Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro, polo cal a súa petición vai referida a súa Comunidade. O interese de iste pleno está agora na posición dos representantes de tódolos partidos políticos, na súa posición a favor ou en contra da utilización de toda a   Serra do Galiñeiro como zona  susceptible de ser explotada industrialmente como parque eólico. Non se trata. pois de dicir non a implantación do parque eólico en Vincios, se non en toda a serra. E, tamén debería ser o intre en que se aclare a postura dos políticos sobor do futuro do Galiñeiro, e a súa defensa inequívoca, polos seus valores patrimoniais, arqueolóxicos, naturais e xeolóxicos así como paraxe de grande interese paisaxístico, como unha icona que está presente en toda a comunidade mariñeira como un fito que axuda dende tempos ben afastados á navegación e a orientación. Unha icona que é visible dende  todo o sur da provincia de Pontevedra,  e que é para Vigo e toda a súa bisbarra algo senlleiro que ten que ser protexido e potenciado como  un Patrimonio Natural a Conservar.
Por iso é que vos pedimos que si podedes o mércores ás 20 h estedes en Gondomar para asistir ao pleno e deixar ben clara ista postura. Grazas a todas/os pola vosa defensa do noso patrimonio.


NOVAS NA PRENSA
El País
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Stonehenge/hay/molinos/elpepuespgal/20110109elpgal_7/Tes

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/socialistas/exigen/detener/33/centrales/hidroelectricas/elpepuespgal/20110109elpgal_4/Tes
Atlántico
http://www.atlantico.net/noticia/122128/Vinciosparquee%C3%B3lico/
http://www.atlantico.net/noticia/122066/Parquee%C3%B3licoGali%C3%B1eiro/

1 comentario:

  1. Só un apuntamento: O pleno vaise celebrar a instancias do BNG, e abofé que aos demais grupos da Corporación Municipal non lle fai ningunha gracia.

    ResponderEliminar