xoves, 13 de xaneiro de 2011

DÚBIDAS LEGAIS SOBRE O REPARTO EÓLICO

Aparecen, de novo, na prensa, artigos que falan das dúbidas e ambigüidades que presenta o reparto eólico do 28 de decermbro. As empresas seica están a preparar recursos para defender os seus intereses, e nós preguntamonos onde están os recursos das formacións políticas que teñen que defender o interese xeral. Concellos , asociacións e cidadanía, polo que estamos a ver, non están preparados para entender toda a arañeira legal que acompaña a todo este proceso. A universidade de Vigo, dende o departamento que dirixe Xavier Simón, está realizando un traballo moi importante  xuntando e ordenando datos para tentar pór ao dispór de quen o precise o que significa todo iste proceso para o noso país. Aínda así, non é doado entender as múltiples variables que se dan, e que fan moi complexo seguir o enlamado procedemento e os seus recantos máis escuros.
Despois da resolución que onte poidemos ver no pleno do Concello de Gondomar, non está o camiño máis fácil pero si hai o compromiso de defender as nosas reivindicacións para as serras do Galiñeiro e da Groba, pois ámbalas dúas están nunha mesma situación e posúen uns valores semellantes.
Haberá que estar moi atentos aos pasos que veñen a continuación e que, consideramos, son moi importantes para o futuro dos dous proxectos.

NOVAS NA PRENSA
Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/01/13/gondomar-dota-o-galineiro-maxima-proteccion-ambiental-pxom-evitar-parque-eolico/508385.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2011/01/13/patronal-eolica-aplaude-reparto-megavatios-critica-ambiguedades-concurso/508296.html

Atlántico diario:

http://www.atlantico.net/noticia/122878/Parquee%C3%B3licoGali%C3%B1eiro/

http://www.atlantico.net/noticia/122835/lopez/gestionara/negocio/renovables/gallega/presidente/alarde/

Valminor.info:

http://www.valminor.info/novas/gondomar/2907-unanimidade-o-pleno-de-gondomar-rexeita-o-parque-eolico-na-parroquia-de-vincios


La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2011/01/13/0003_8961845.htm

El País

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/patronal/airea/dudas/juridicas/adjudicaciones/eolicas/elpepuespgal/20110113elpgal_2/Tes

Ningún comentario:

Publicar un comentario