mércores, 12 de xaneiro de 2011

HOXE PLENO EN GONDOMAR

Hoxe ás 20 h  hai pleno en Gondomar, no Auditorio Loís Tobío. Tratarase o tema do parque eólico na Serra do Galiñeiro, e vai haber polémica pois a moción presentada só fala dos montes de Vincios.
É moi importante facerse notar e  estar presentes para obrigar aos políticos a que se definan claramente.

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/01/12/0003_8959367.htm

NOVAS NA PRENSA
Escoitáramos que  algo se movía na Comunidade de Montes de Viladesuso. É unha gran noticia saber que definitivamente vai adiante o proxecto que hai tempo encetaron, e dende aquí temos que darlle os parabéns a todos os comuneiros e, en especial, a xunta directiva que levou a diante este proxecto.Pouco a pouco imos mellorando e tomando conciencia de que o monte é un patrimonio que temos que coidar e valorar entre todos. e que os seus valores van máis aló dos simplementes comerciais da venda de madeira e o aproveitamento de canteiras , da auga, a caza e o  gando.
Reiteramos, parabéns aos veciños de Viladesuso e a todos os que amamos as sobreiras e o bosque tan fermoso que posuen.

http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/01/12/sobreiras-do-faro-viladesuso-primer-parque-natural-privado-galicia/507946.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario